Día 9 · As cores do arco da vella

Hoxe poñemos nome en galego a todas as cores e buscámolas pola aula.

Que temos que facer

  1. Facede un arco da vella grande en papel.
  2. Buscade na aula un obxecto de cada cor e dicide o seu nome en galego.
  3. Pegade debuxos ou recortes en cada cor do arco.

Que subimos

Unha foto do arco da vella rematado.

Actívate

Un mes de compromiso
co galego

centros
0

O Concello coma parte do compromiso, facendo grupo chegamos mais lonxe.

Aulas
0

Os centros coma unión da língua, apoiando iniciativas e incentivando a nosa língua.

Alumnos
0

Alumnos comprometidos coa súa língiua.

Benqueridas familias:

En Galicia, como ben sabedes, temos dúas linguas oficiais. Unha delas, o galego, é a lingua propia do país, a lingua que nos identifica como galegas e galegos, a lingua transmisora e creadora dunha cultura única no mundo, que nos sitúa no espazo e que nos abre múltiples portas para o futuro co orgullo, sempre, de ser quen somos. Todas as nenas e os nenos teñen dereito a ter plena competencia nas dúas linguas e a faceren propia a lingua do territorio que habitan. Por razóns complexas para debullar aquí, os datos sociolingüísticos indican ben ás claras que isto non está a ser así. A xente máis nova necesita, con urxencia, axuda para activar o uso do noso idioma en todos os contextos. É preciso que a lingua galega ande polos parques, polos patios, polas redes, pola música, polos contidos audiovisuais, polos xogos, polo deporte… Con este obxectivo naceu o MODO GALEGO, ACTÍVAO!, un programa de compromiso lingüístico deseñado e implementado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames no que a xente máis nova é a protagonista, e as familias, o profesorado e o monitorado son axentes indispensables. O programa desenvolverase entre o 20 de xaneiro e o 14 de febreiro de 2025 e poderedes seguilo día a día a través do enderezo web https://modogalegoames.gal/ Sen máis, coa certeza de que todas e todos queremos o mellor para o futuro das nosas fillas e fillos e co pleno convencemento de que as linguas sempre suman, animámosvos, na medida das vosas posibilidades, a seguirdes o programa e a activardes o MODO GALEGO, hoxe e sempre.

Ler a carta completa

Bótalle un ollo ao que estamos a facer

Ver todas