Día 5 · O mural da semana

Infantil e Primaria

Rematamos a primeira semana. Hoxe facemos un mural con todo o que aprendemos en galego estes días: palabras novas, saúdos, xogos, cancións.

Que temos que facer

  1. Repasade os catro retos anteriores e escollede o mellor de cada un.
  2. Facede o mural entre todos, con debuxos e palabras.
  3. Colgádeo nun sitio onde o vexa todo o centro.

Que subimos

Unha foto do mural rematado e un texto curto sobre a semana.

← Ver toda a programación