Día 4 · Que tempo fai?

Hoxe somos os do tempo. Miramos pola ventá e contamos en galego que tempo fai: chove, vai sol, hai vento, vai frío.
Que temos que facer
- Mirade pola ventá e dicide entre todos que tempo fai.
- Debuxade o tempo de hoxe nunha folla.
- Alguén da clase fai de presentador ou presentadora e cóntao para os demais.
Que subimos
Unha foto dos debuxos e, se vos animades, un vídeo da presentación do tempo.