Quen somos

Que é o Modo galego,
actívao!

Modo galego, actívao! é un proxecto de investigación-acción en dinamización lingüística que desenvolven a Real Academia Galega, o Concello de Ames e o Concello de Rois, coa participación indispensable da comunidade educativa dos municipios. Con el, preténdese explorar novos xeitos de dinamizar a lingua entre a xente máis nova e avaliar os resultados das actividades.

O proxecto botou a andar no ano 2021, tras a publicación do Mapa sociolingüístico escolar de Ames, un amplo traballo de investigación que permitiu establecer a diagnose de partida. Dende aquela, baixo o paraugas do Modo galego, actívao! desenvolvéronse moitas e diversas accións orientadas á rapazada, ás familias e ás e aos profesionais da educación formal e non formal.

Concellos participantes no proxecto:

Ames

Baiona

Gondomar

Redondela

Santiago de Compostela

Vigo