Día 7 · A pinga viaxeira

Infantil e Primaria

Unha pinga de auga baixa do monte polo río ata chegar ao muíño. Hoxe inventamos a súa viaxe en galego.

Que temos que facer

  1. Contade entre todos por onde pasa a pinga: monte, regato, río e muíño.
  2. Debuxade a viaxe en catro viñetas.
  3. Poñédelle un nome á pinga e votade o máis bonito.

Que subimos

Unha foto das viñetas e o nome que lle puxestes á pinga.

← Ver toda a programación