Día 3 · O recreo fala galego

O reto de hoxe non é na aula: é no recreo. Durante o recreo, os xogos, as normas e as discusións van en galego.
Que temos que facer
- Antes do recreo, escollede dous xogos e repasade en galego as súas normas.
- Xogade. Se alguén cambia de lingua, non pasa nada: recórdaselle con boa cara.
- De volta na aula, contade que foi o máis difícil.
Que subimos
Unha foto do recreo (sen caras se non hai permiso) e un texto co que aprendestes.