Día 4 · Que tempo fai?

Infantil e Primaria

Hoxe somos os do tempo. Miramos pola ventá e contamos en galego que tempo fai: chove, vai sol, hai vento, vai frío.

Que temos que facer

  1. Mirade pola ventá e dicide entre todos que tempo fai.
  2. Debuxade o tempo de hoxe nunha folla.
  3. Alguén da clase fai de presentador ou presentadora e cóntao para os demais.

Que subimos

Unha foto dos debuxos e, se vos animades, un vídeo da presentación do tempo.

← Ver toda a programación