Día 3 · O recreo fala galego

Infantil e Primaria

O reto de hoxe non é na aula: é no recreo. Durante o recreo, os xogos, as normas e as discusións van en galego.

Que temos que facer

  1. Antes do recreo, escollede dous xogos e repasade en galego as súas normas.
  2. Xogade. Se alguén cambia de lingua, non pasa nada: recórdaselle con boa cara.
  3. De volta na aula, contade que foi o máis difícil.

Que subimos

Unha foto do recreo (sen caras se non hai permiso) e un texto co que aprendestes.

← Ver toda a programación