Día 1 · Bos días en galego

Hoxe comezamos. O reto é sinxelo: durante todo o día, os saúdos van en galego. Bos días ao entrar, ata logo ao saír, grazas e por favor sempre que toque.
Que temos que facer
- Facede unha lista no encerado cos saúdos e as fórmulas de cortesía que usades cada día.
- Buscade como se din en galego as que aínda dicides noutra lingua.
- Ao final do día, contade cantas veces as usastes. Sacade unha foto da lista.

Que subimos
Unha foto da lista do encerado e un texto curto contando como foi o primeiro día.